HomesociedadeO IES A Pinguela mantén o "Sello Vida Saludable"

O IES A Pinguela mantén o “Sello Vida Saludable”

O IES A Pinguela de Monforte vén de recibir de 'Programas de Centros Docentes da Subdirección General de Centros, Inspección y Programas do Ministerio de Educación' a ratificación para continuar con este distintivo de calidade para centros docentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O coñecido como “Sello vida saludable” é un recoñecemento público dos centros docentes, tanto públicos como privados sostidos con fondos públicos e privados, que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo. Tamén se lles recoñece con este distintivo a asunción de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o axeitado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado.

A validez da concesión deste distintivo a un centro docente esténdese con carácter indefinido sempre que por parte de ditos centros se manteña o cumprimiento das condicións e requisitos que deron lugar á súa concesión. 

O alumnado nunha lonxa. Foto: IES A Pinguela

A orde que regula este recoñecemento contempla que “periodicamente, e polo menos cada dous anos, poderán realizarse revisións por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, co fin de comprobar se se continúan cumprindo os requisitos que xustificaron a concesión”.

Tras cumprir todas as esixencias regulamentarias dispostas no apartado dous da Resolución de 23 de decembro de 2015 –que establece o procedemento para a concesión do distintivo de calidade ‘Sello Vida Saludable’– o IES A Pinguela certifica de novo a calidade dun entorno emocional e físico saudable.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...