HomesociedadeNovo curso de verán da USC en Monforte no que a Ribeira...

Novo curso de verán da USC en Monforte no que a Ribeira Sacra é a protagonista

Celebrarase na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, dende o vindeiro luns 19 e ata o venres 23 de xullo. O curso será inaugurado o luns 19 ás 9:30 horas polo Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé Roca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana o segundo dos cursos de verán que este ano celebra a Univarsidade de Santiago de Compostela na cidade. O Curso de Verán leva por título “A Ribeira Sacra: paisaxe, patrimonio, gastronomía e terra de viños (Ribeiras do Miño)” e está organizado polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e en colaboración co Concello de Monforte e a Deputación de Lugo.

O curso será inaugurado o luns 19 ás 9:30 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Desenvolverase ata o venres 23 de xullo e está dirixido polo profesor Ignacio J. Díaz-Maroto Hidalgo.

O programa está composto por charlas e sesións lúdico-formativas a cargo de docentes, investigadores e profesionais de diversas áreas como son a cultura tradicional, a conservación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, a paisaxe, a gastronomía e a viticultura. 

Ademais das charlas formativas, tamén está previsto a realización dunha viaxe pola Ribeira Sacra, que incluirá a visita ó Ecomuseo de Arxeríz, ó museo de San Paio de Diomondi, percorrerase un tramo do Camiño de Inverno. Tamén se visitarán dúas adegas da zona para realizar a correspondente cata de viños das últimas colleitas.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...