HomesociedadeCurso de apicultura este día 20 no Centro de Formación de Monforte

Curso de apicultura este día 20 no Centro de Formación de Monforte

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebra este martes, 20 de xullo, un curso sobre apicultura no centro de formación e experimentación agroforestal de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso -que contará cunha duración de 8 horas repartidas en dúas xornadas de tarde- centrarase nos fundamentos teóricos da cría de abellóns (macho da abella) e as súas peculiaridades xenéticas. Tamén se abordarán os sistemas de crianza máis empregados e a produción intensiva de núcleos (colmeas). Na parte práctica, abordarase a preparación da colmea para a produción de abellóns e a elaboración dos núcleos máis comúns.

O obxectivo é transmitir ao alumnado a importancia de traballar tamén na parte da cría dos machos de abella e o seu papel fundamental nos acoplamentos, complementando desta forma a crianza de raíñas para obter uns resultados óptimos. Desta forma, preténdese fomentar a profesionalización do sector apícola, un eido agrario de gran repercusión económica e medio ambiental que está en auxe nos últimos anos.

Canto aos participantes, a acción está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego. 

Axudas apicultura

A Consellería do Medio Rural ampliou recentemente o orzamento das axudas destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos de apicultura ata chegar a preto de 1,3 millóns de euros, o que supón un aumento de case o dobre do orzamento do ano pasado, que era de 724.105 euros.

Así, as axudas dispoñen de seis liñas de subvención diferentes: para a asistencia técnica (dirixida só a agrupacións de apicultores), para a loita contra as agresións e enfermidades da colmea, para a racionalización da transhumancia, para medidas de apoio aos laboratorios de análise de produtos apícolas co obxectivo de axudar ás persoas apicultoras a comercializar e a valorizar os seus produtos, para apoiar a repoboación da cabana apícola e para facer seguimento de mercado.

Deste xeito, poden beneficiarse destas axudas tanto cooperativas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia como particulares titulares de explotacións apícolas. A convocatoria de 2021 xa está pechada. 

ÚLTIMAS

Puido haber unha ALTRI en Quiroga en 1976?

Dende finais de 1975, pouco despois da morte do Perenne, víñanse sucedendo novas na...

Fin de semana de descenso urbano de Sarria

O club ciclista DH Galicia, que ven organizando o evento desde 2012, ultima os...

Concurso de Enganches Concello de Chantada, este 21 de xullo

Chantada acolle o 21 deste mes de xullo o Concurso de Enganches Concello de...

Comeza a mellora da estrada LU-P-4202 que une Pacios e Currelos

A Deputación de Lugo vén de iniciar en Paradela os traballos da estrada provincial...