HomesociedadeMelloras na rúa Roberto Baamonde de Monforte

Melloras na rúa Roberto Baamonde de Monforte

O concello de Monforte dá a coñecer un novo proxecto incluído no programa de melloras das infraestruturas municipais, tanto no eido urbano como no medio rural, desenvolto polo Equipo de Goberno monfortino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de actuacións sobre esta rúa, consistirá na reposición da capa de rodadura deste vial urbano, ó longo de 810 metros lineais, e na renovación da súa sinalización horizontal e vertical.

“Trátase dun proxecto de mellora que afecta á rúa Roberto Baamonde e ven motivado polas eivas que dende o Concello detectamos en canto ó desgaste do seu pavimento, así como deficiencias na sinalización horizontal de dita rúa, as cales inciden negativamente nas condicións do tráfico”, indicou o rexedor municipal.

As obras que se proxectan consisten nun fresado previoreporanse os sumidoiros, pozos e arquetas, manteranse as dimensións dos actuais pasos de cebra, xa que  que son suficientemente axeitados para o tráfico peonil da zona onde se sitúan. Reforzarase e renovarase a sinalización horizontal e vertical, co obxecto de sinalizar a calzada da forma máis clara e lexible posible, con tres liñas para delimitar os dous carrís de circulación, as zonas de estacionamento e os espazos habilitados para carga e descarga.

Este proxecto ten un custe de licitación de 74.519,58 euros (IVE engadido), e conta cunha financiación 100% municipal. O prazo de presentación estará aberto ata o 4 de setembro ás 14.00 h. A apertura do sobre técnico terá lugar o luns 6 de setembro ás 9 da mañá, e a apertura da oferta económica terá lugar o mércores 8 de setembro á mesma hora.

prazo de execución da obra, unha vez adxudicada e asinada a acta de replanteo, será de 14 días hábiles (tres semanas). Neste senso, o Alcalde precisou que “establecemos este prazo de execución de 14 días debido a que é unha vía cun alto nivel de tráfico, e que non podemos cortar totalmente.-Por este motivo, valoramos desenvolver a obra por tramos, a fin de que cause os menores trastornos posibles ós condutores que por ela transiten, facendo compatible na medida do posible, as obras coa circulación, sen cortar totalmente o tráfico”.

Importancia da rúa Roberto Baamonde

A rúa Roberto Baamonde créase a finais do século XIX sobre o trazado da vía que ía desde a Pobra de Brollón a Ourense. O seu primeiro nome como vía urbana foi o de avenida da Liberdade, adoptando o actual nome desde 1.926.

Trátase dun vial que discorre desde a súa confluencia coa rúa Cardeal Rodrigo de Castro ata o encontro coa rúa Calvo Sotelo, e a vía do ferrocarril.

É unha rúa que é atravesada no seu primeiro tramo pola Avda. de Galicia, e conflúen nela numerosas vías de menor intensidade de tráfico, o que a dota dun carácter de “colector-canalizador” de tráfico que, unido ó limitado da súa anchura, fai que en determinadas horas do día a fluidez do tráfico sexa intensa.

Roberto Baamonde é pois unha das rúas máis transitadas da cidade, que comunica coa zona da Estación, saída cara Pobra de Brollón e tamén cara á N-120, polo que, “é unha rúa que axuda a conformar a imaxe da nosa cidade, e que polo tanto, queremos dende o Equipo de Goberno, manter en bo estado esta rúa que vertebra a trama urbana de Monforte e que é un dos eixes de actividade residencial e terciaria máis importantes da cidade,” indicou Tomé Roca.

Criterios de adxudicación

Os criterios de valoración para a elección da proposta máis vantaxosa serán: 

  • Oferta económica, que suporá un 50% da puntuación total.
  • A Memoria técnica, un 25% do total e que deberá incluír aspectos relacionados con como se vai organizar a obra e os medios que se van destinar á mesma, posibles melloras ambientais na execución e posible redución do prazo de execución.
  • A ampliación do prazo de garantía, 10%.
  • O incremento da profundidade do fresado proxectado en 1 cm. e o incremento do espesor da rodadura proxectada en 1 cm., 10% do total.
  • E melloras cuantitativas nas sinalizacións verticais, un 5%.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...