Homesociedade260.400 euros para as obras de eficiencia enerxética do colexio Virxe do...

260.400 euros para as obras de eficiencia enerxética do colexio Virxe do Carme de Sober

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de licitar as obras de mellora da eficiencia enerxética do colexio Virxe do Carme de Sober, ás que destina un orzamento de 260.400 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos mellorarán o illamento térmico, diminuirán o consumo en luz e calefacción e, polo tanto, reducirán os custos de mantemento e a emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera. Igualmente, construirase unha rampla para mellorar a accesibilidade.

As obras enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, posto en marcha pola Xunta co fin de deseñar espazos escolares adaptados ás novas esixencias tanto de carácter académico como funcional e medioambiental.

As empresas interesadas en optar á adxudicación poden presentar as súas ofertas ata o 31 de agosto, e as obras contarán cun prazo de execución de tres meses. Consistirán na substitución das carpinterías que aínda non foron renovadas por outras de aluminio anodizado con rotura de ponte térmica, abatibles, con vidro dobre baixo emisivo e con novas persianas.

Así mesmo, cambiaranse as luminarias de tubos fluorescentes por outras tipo LED de última xeración, instalando sistemas de detección de movemento para o acendido e apagado das luces. Por último, proxéctase a substitución dos radiadores obsoletos de chapa por outros  de elementos de aluminio.

Tamén se realizarán outras melloras, como a colocación de tarima flotante na zona do salón de actos, levantando dous tabiques novos con portas interiores; o acondicionamento de remates do falso teito, ou a substitución dos capialzados de madeira sobre as ventás.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...