HomesociedadeCharla en Monforte este luns sobre a prevención do dano cerebral adquirido

Charla en Monforte este luns sobre a prevención do dano cerebral adquirido

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, acollerá esta ponencia baixo o título “Pódese previr o dano cerebral?” e correrá a cargo de Carla Miranda, traballadora social de FEGADACE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ponencia será impartida pola traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, baixo o título “Pódese previr o dano cerebral?”, e que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte o vindeiro luns 20 de setembro ás 17:30 horas.

A prevención do dano cerebral é unha preocupación transversal para FEGADACE. Esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia, non se pode evitar, pero si se pode previr incidindo nas súas causas. O risco de ictus e traumatismos por accidentes ou golpes pode minimizarse se se teñen en conta os consellos da Federación Galega de Dano Cerebral.

Esta charla inclúese dentro de “Camiñando polo dano cerebral”, un proxecto impulsado por FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022 e que conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

O Camiño de Santiago é o escenario de moitas situacións de risco, especialmente de traumatismos cranioencefálicos, pero tamén é unha oportunidade fantástica para incorporar hábitos saudables, sobre todo a nivel de actividade física, cos que reducir o risco de ictus. Por iso a primeira iniciativa que lanza FEGADACE dentro de ‘Camiñando polo dano cerebral’ é un vídeo dirixido a todas as visitantes que chegan a Compostela a pé ou en bicicleta.

Dirixida a peregrinos e peregrinas, así como a toda a poboación local encargada da súa atención e recepción, e veciñanza en xeral, esta actividade informativa vai estar centrada na prevención dos traumatismos cranioencefálicos derivados de distintos riscos asumidos no Camiño de Santiago: accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.

Tamén se falará sobre o ictus, dado que o exercicio físico realizado ao camiñar ou pedalear é un hábito moi saudable que, combinado con outros, axuda á prevención do que é a principal causa do dano cerebral adquirido.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...