IniciosociedadeAMAFER celebra 25 anos e o alcalde reafirma o seu compromiso co...

AMAFER celebra 25 anos e o alcalde reafirma o seu compromiso co ferrocarril en Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na tarde deste mércores as xornadas que a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), organizou co gallo do 25 aniversario da súa constitución.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto que se desenvolveu no centro cívico de Monforte, o alcalde estivo acompañado polo presidente de AMAFER, Fermín Avellaneda. Na súa intervención o rexedor local incidiu na obriga que ten Monforte de “seguir xogando un papel principal no desenvolvemento do ferrocarril en Galicia, no que se refire ó transporte de persoas, pero sobre todo, na loxística e no transporte de mercadorías, porque Monforte é a entrada e a saída natural das mercadorías de Galicia”.

Reafirmou o seu compromiso “firme e decidido co ferrocarril” e recordou que “Monforte é agora protagonista do maior investimento do Goberno de España en Galicia con 546 millóns de euros para a modernización do corredor ferroviario entre Ourense e Lugo”.

O rexedor municipal tamén salientou a importancia de AMAFER, ”asociación coa que colaboramos estreitamente e que forma parte da cultura e da identidade de Monforte” e tamén aproveitou para felicitar ós seus membros por estes “25 anos de traballo ben feito e porque son vostedes a memoria viva que nos permite recordar e poñer en valor a importancia que o ferrocarril tivo e ten en Monforte”.

O Alcalde concluíu subliñando que “imos seguir traballando para que o ferrocarril recupere en Monforte a relevancia que tivo como peza esencial para o desenvolvemento económico e o crecemento do noso Concello, da nosa comarca e da nosa provincia”.

Retrospectiva nos 25 anos de AMAFER

Tras a intervención do Alcalde celebráronse dúas mesas redondas centradas no futuro do ferrocarril en Galicia e na conservación da memoria histórica de organizacións e institucións.

A primeira delas levou por título “A importancia de conservar a memoria histórica das organizacións/institucións” e contou coa participación do Director do Museo do Ferrocarril de Madrid, Francisco Polo, e da Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro. De moderar o debate encargouse Carlos Cortés, delegado de La Voz de Galicia na comarca de Lemos.

A segunda das mesas abordou “O futuro do ferrocarril en Galicia. Unha mirada á explotación comercial da rede férrea”, coas intervencións do Subdirector de Estaciones Noroeste de ADIF, Víctor Barrós, e o representante institucional de RENFE en Galicia, Javier Pérez, que foron moderados por Luís Rodríguez, delegado de El Progreso na bisbarra de Lemos.

Tamén co gallo do 25 aniversario da constitución desta Asociación, a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acolle dende unha exposición retrospectiva que amosa as principais actividades desenvoltas por AMAFER ó longo dos seus 25 anos de historia, e que poderá ser visitada ata o 10 de novembro. Nela recóllese un cuarto de século de eventos co ferrocarril e con Monforte como protagonistas dos mesmos.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...