HomesociedadeCurso sobre xestión de requisitos administrativos aplicables ás adegas

Curso sobre xestión de requisitos administrativos aplicables ás adegas

O curso constará de dúas sesións teóricas. A primeira delas ofréceselles aos interesados con dúas opcións: o xoves 18 de novembro no centro cultural Marcos Valcárcel (Ourense) ou o xoves 25 de novembro no salón de actos do Consello Regulador da DO Rías Baixas (Pontevedra). A segunda sesión será conxunta no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A AGACAL celebra un curso sobre a xestión e o cumprimento de requisitos administrativos aplicables ás adegas. O obxectivo é informar aos asistentes sobre os procedementos propios do sector vitivinícola que lles son de aplicación. 

Repasaranse os requisitos relativos ás instalacións da adega, as declaracións á Consellería do Medio Rural e os que teñen que ver co transporte. Tamén os relacionados cos nomes comerciais, marcas e etiquetaxe ou os da certificación de produto, entre outros.

Esta iniciativa está dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente ou con expectativa de incorporación aos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como aos mozos e mozas do rural galego interesados neste eido.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de solicitude de asistentes que terá que enviarse ao correo electrónico formacion.agacal@xunta.gal e se precisan información adicional poderán chamar ao teléfono 881 997 279.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...

O PSOE de Triacastela acusa ao goberno municipal de bloquear o labor de fiscalización da oposición

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela acusa ao goberno municipal do PP de bloquear...

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...