HomesociedadeA Torre da Homenaxe en azul polo Día Mundial da Infancia

A Torre da Homenaxe en azul polo Día Mundial da Infancia

O obxectivo desta xornada é recordar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, xa que logo, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. Por iso, trátase de concienciar á cidadanía sobre a importancia de seguir traballando e sumando esforzos, para que os dereitos dos nenos e nenas se vexan cumpridos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte súmase este sábado, 19 de novembro, ó Día Mundial da Infancia, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul cyan.

UNICEF adica este día a todos os nenos e nenas do mundo, especialmente os máis vulnerables, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.

Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nazan. Dedicar un día á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e pícaras teñan un futuro mellor.

“En definitiva, é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento, por iso dende o Concello nos sumamos a esta iniciativa”, destacou o Alcalde, José Tomé Roca.

ÚLTIMAS

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...

Monforte “tómase a peito” o cancro de mama

Durante toda a mañá, representantes e colaboradores da AECC ofreceron información sobre a actividade...

O colectivo Lemos Le celebra o ‘Día das Bibliotecas’

O colectivo Lemos Le, formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a...