HomesociedadeNovo parque infantil e Festival de Reis para os nenos de Pantón

Novo parque infantil e Festival de Reis para os nenos de Pantón

O concello de Pantón comeza este 2022 facendo protagonistas aos máis cativos. O día 5 péchanse as actividades deste Nadal coa celebración do Festival de Reis e vense de abrir un novo parque infantil no Castro de Ferreira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival de Reis comezará a partir das 17.00 na Praza do Concello onde contarán cos xogos populares e obradoiro de globoflexia. Ás 18:30 está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente, que recibirán a cada neno individualmente e mantendo as distancias para garantir o cumprimento das medidas anticovid en todas as actividades.

E para que os máis cativos de Pantón disfruten do seu tempo de lecer nestas festas, o concello acaba de inaugurar o novo parque infantil no Castro de Ferreira. O parque contou cun investimento de 120.000 euros dos que a metade foron a través do GDR Ribeira Sacra-Courel e a outra metade aportación do concello.

As novas instalacións contan cun peche de pedra e diferentes xogos como columpios ou tirolina. Este novo parque infantil súmase aos que concello xa ten en Goián, Gallegos, Toiriz, Tribás, Fontao, A Torre ou Pombeiro co obxectivo de que poidan acceder a este tipo de servizo o maior número posible de nenos.

ÚLTIMAS

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...