IniciosociedadeQuiroga tivo no 2021 máis turistas que antes da pandemia

Quiroga tivo no 2021 máis turistas que antes da pandemia

A ampliación do horario de apertura en época estival tanto dos museos de Quiroga como da Oficina de Turismo, coas súas portas abertas nun amplo horario de mañá e de tarde, permitiu que só nos tres meses de verán se achegaran ata as instalacións do Museo Xeolóxico e do Museo Etnográfico 1.500 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os datos da Oficina de Turismo e os Museos de Quiroga, o número de visitantes despois do parón do 2020, superou no 2021 o número de persoas que se achegaron á Oficina de Turismo en anos pre-pandemia.

O 2019 foi un gran ano, no que se viña arrastrando dende os anos anteriores un aumento da xente que se achegaba ata o concello. O Museo Xeolóxico e o Etnográfico acadaron ese ano a visita de 7.000 persoas. A Oficina de Turismo recollía que máis de 4.300 persoas pasaron por esta instalación para pedir información. A estes datos hai que sumarlle as 22.000 visitas que recibiron os contidos turísticos da páxina web do concello.

Despois chegaría a pandemia sanitaria, os toques de queda e as restricións de mobilidade, e con elas o descenso obrigado do número de visitantes. No 2020 a Oficina de Información Turística contabilizaba o paso de 822 persoas demandando información nestes instalacións.

Estas cifras volveron subir no 2021 cando polos museos de Quiroga pasaron preto de 4.000 persoas e a oficina de turismo atendeu presencialmente a máis de 4.500 persoas, superando as cifras do 2019. Tendo en conta a situación sanitaria que tamén marcou o pasado ano, e que a maioría destas cifras concentráronse no segundo trimestre do ano, estas cifras «confirman o interese que o noso territorio esperta como lugar de turismo, sobre todo nos amantes da natureza». Algo no que coinciden os visitantes é na demanda de información sobre o que facer ou visitar en Quiroga e no Xeoparque Montañas do Courel, sobre as rutas de sendeirismo e sobre o Camiño de Inverno.

O concello de Quiroga, que conta con 7 rutas homologadas, e outras dúas compartidas, – o que o converte no concello con máis rutas con esta distinción de toda Galicia-, procura manter as rutas de sendeirismo nas mellores condicións posibles. No pasado ano sinalizouse o antigo camiño que se utilizaba para baixar o ferro do monte Formigueiros ata as ferrerías,  creouse un punto de observación da antiga mina de antimonio de Vilarbacú e púxose en valor un novo forno de cal dentro do proxecto de mellora das rutas do municipio incluídas na Rede Natura 2000. E creouse tamén, entre outras cousas, unha ruta dos murais dentro do casco da vila quiroguesa.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...