IniciosociedadeRibeira Sacra preséntase en Fitur coa estrela que marca un territorio

Ribeira Sacra preséntase en Fitur coa estrela que marca un territorio

No acto abordouse a declaración como Reserva da Biosfera e presentouse nova guía turística e a marca que se implementará a partires de agora polas diferentes entidades implicadas no territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres presentouse en Fitur, no stand de Galicia, a nova campaña do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra,Ribeira Sacra, agora si, Reserva da Biosfera.

Participaron do acto, o Presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, a Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén Mª do Campo Piñeiro, o Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández Fernández, o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé Roca e a Directora de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro Domínguez 

Completaron o aforo dispoñible na sala os Delegados Territorias da Xunta de Galicia, Deputados, alcaldes e concelleiros da zona, Presidente do Consello Regulador e da Asociación Empresarial de Turismo Rural, empresarios turísticos do territorio, axentes de viaxes, produtoras audiovisuais e medios de comunicación.

Ribeira Sacra Fitur 2022 / Consorcio de turismo Ribeira Sacra

O máis reiterado e resaltado de xeito unánime polas autoridades que tomaron a palabra é o modelo de unión que se dá en Ribeira Sacra, único en Galicia, e o bo momento que estamos a vivir. Tanto as institucións como o resto de xeodestinos de Galicia recoñecen que Ribeira Sacra é o destino de moda na Comunidade e que vive un dos seus mellores momentos, a pesares da situación delicada no ámbito sanitario.

A cita completouse abordando a declaración como Reserva da Biosfera e presentouse nova guía turística e a marca que se implementará a partires de agora polas diferentes entidades implicadas no territorio. A nova imaxe reflexa que natureza e patrimonio en Ribeira Sacra son unha estrela, que fala de turismo, de sostenibilidade e de unión.

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...