No informe do comité SICTED 2021 (Sistema Integral de Calidad Turística en Destinos, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo), correspondente a decembro recóllese o número de establecementos e empresas de servizos turísticos que renovan o distintivo “Compromiso de Calidad” na Ribeira Sacra, así como aqueles que se adhiren por primeira vez.
Trala incorporación do xeodestino Ribeira Sacra á rede de Destinos SICTED de España, acreditáronse na anualidade 2020 vintecatro empresas turísticas. Mediante esta acreditación outórgase o mencionado distintivo “Compromiso de Calidad Turística”, un soporte que pon de manifesto e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade dos establecementos avaliados.
Este distintivo ten unha validez de dous anos, suxeita a unha avaliación periódica anual. Trala avaliación correspondente, as 24 empresas conseguiron a renovación do distintivo, poñendo de manifesto unha vez máis a firme aposta pola calidade do tecido empresarial de Ribeira Sacra. Ademais, no pasado ano 2021, segunda anualidade do proxecto, incorporáronse novas candidaturas, conseguindo 9 empresas máis superar o proceso de avaliación e consecuente distinción.
Durante o mes de febreiro o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra levará a cabo unha xornada de sensibilización para captar a novos profesionais e abrirase na primavera o prazo para que as empresas interesadas podan solicitar a adhesión ao SICTED e comezar o procedemento de formación e avaliación de cara a conseguir o distintivo en 2022.
Empresas acreditadas co “Compromiso de Calidade Turística”:
Novas incorporacións (2021):
- ADEGA PROENCIA
- CASA DAS XACIAS
- CASA DE LAS FLORES
- CASA DO POLO
- CASAS QUO VADIS
- EUROTAXI QUIROGA
- GENUINE GALICIA
- MONASTERIO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL
- VIAJES HEMISFERIOS
Renovacións (2020):
- ADEGA CONDADO DE SEQUEIRAS
- APARTAMENTOS RIBEIRA SACRA
- APARTAMENTOS RÍO SIL
- CASA DARÍO
- CASA DO ROMUALDO
- CASA GRANDE DE COVAS APARTAMENTOS TURÍSTICOS
- CASA- MUSEO FÁBRICA DE CHOCOLATE
- CASA RURAL O CANTO DA TERRA
- CASA SANTIAGO
- CASA SOLVEIRA
- CASA VISTABOA
- ENOTURISMO GALICIA
- HOTEL CONDES DE LEMOS
- HOTEL MOGAY
- MÁIS QUE ROMÁNICO, RUTAS
- NOVAS RUTAS
- REMANSO DOS PATOS
- OFICINA DE TURISMO CONCELLO DE CHANTADA
- OFICINA DE TURISMO CONCELLO DE PARADA DE SIL
- PORTOMIÑO
- RESTAURANTE A CANTINA
- RURAL LUXURY POMBAR
- SILTRIP