HomeCulturaA IV Asemblea das Irmandades da Fala 100 anos despois

A IV Asemblea das Irmandades da Fala 100 anos despois

A inauguración da xornada “Cen anos soñando o destino” contou con representación do concello de Monforte coa concelleira de cultura, Marina Doutón e da Deputación de Lugo, a través da vicepresidenta, Maite Ferreiro. O Consello da Cultura Galega organizaba esta conmemoración en Monforte para lembrar o centenario da IV Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na inauguración da xornada tamén participaron Rosario Álvarez Blanco, Presidenta do Consello da Cultura Galega, Celia Pereira Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco, José Eduardo López Pereira, Presidente da Fundación Otero Pedrayo.

Maite Ferreiro sinalou na súa intervención “a necesidade deste tipo de actos de homenaxe, estudo e análise para ampliar e socializar o coñecemento do traballo que se levou adiante no ámbito das Irmandades da Fala e nas sucesivas asembleas nacionalistas, brutalmente interrumpido polo golpe de Estado do 36 e polo franquismo, que afogou o devir político, económico e cultural de Galiza” e remarcou “a importancia do legado desa etapa histórica na continuidade do nacionalismo e da lingua e da cultura”

Inauguración xornada / concello de Monforte

Ademais de asistir aos relatorios desenvolvidos na xornada de mañá – “Construíndo identidade entre cultura e política: As Irmandades da Fala”, a cargo de Raúl Soutelo, e “A irmandade que viaxaba en comboio: contextos da Asemblea de Monforte”, de Xurxo Ayán, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, a vicepresidenta asistiu a unha lectura pública por parte de alumnado do IES A Pinguela de Monforte que, fronte ao Mosteiro de San Vicente, declamaron textos das persoas que participaron na IV Asemblea Nacionalista.

Pola tarde os relatorios foron sobre “Causas e consecuencias da ruptura das Irmandades da Fala na Asemblea de Monforte”, de Emilio Insua, e “Irmandiñas. Compromiso e paixón pola Terra”, de Aurora Marco, cun coloquio. A xornada rematou co concerto de Uxía Senlle e Sergio Tannus ás 20.00 horas.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...