HomesociedadePublícase no DOGA a guía de ordenación produtiva da aldea modelo de...

Publícase no DOGA a guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Bustelo de Fisteus en Quiroga

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva de dúas aldeas modelo: Pedrosa, no concello ourensán de Riós, e Bustelo de Fisteus, no concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas guías de ordenación produtiva configúranse como un documento técnico no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nestas aldeas modelo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Nesa liña, contémplanse unha serie de usos preferentes e outros secundarios. Así mesmo, indícanse os prazos e prezos establecidos para os grupos de cultivos e aproveitamentos, así como a descrición das actuacións a levar a cabo para a súa posta en produción.

Na aldea de Bustelo de Fisteus, en Quiroga, apóstase polo aproveitamento gandeiro en extensivo, cultivos de horta, árbores froiteiras e castiñeiros. Neste caso, a figura abrangue unha superficie de 52,03 hectáreas na contorna do núcleo de poboación, distribuídas en 922 parcelas de 164 propietarios.

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas modelos deben ter en conta que estes borradores de guías de ordenación produtiva se someten a información pública polo prazo dun mes a contar dende mañá, tempo durante o que poderán realizar as achegas e alegacións que consideren oportunas. Estas guías poden consultarse tanto nos taboleiros de anuncios dos concellos nos que se sitúen as aldeas modelo como na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (https://agader.xunta.gal/gl/banco-de-terras/aldeas-modelo/). De xeito presencial, os interesados en obter toda a información poderán achegarse ás dependencias da Axencia (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9,00 ás 14,00 horas, logo de solicitar cita previa no número de teléfono 881 997 193.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...