HomesociedadeUnanimidade na Deputación para solicitar á Xunta que se manteñan as ensinanzas...

Unanimidade na Deputación para solicitar á Xunta que se manteñan as ensinanzas do IES Val do Asma

A Deputación de Lugo pediralle á Xunta de Galicia que manteña as ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e bacharelato no IES Val do Asma de Chantada, logo de coñecerse as pretensións do Goberno galego de deixar o centro só para a docencia de Formación Profesional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pleno provincial aprobou este martes por unanimidade das tres forzas políticas representadas na Corporación -PSdeG, BNG e PP- a proposta presentada polo Goberno provincial.

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, asegurou que a proposta da Consellería de Educación para o IES Val do Asma “vai contra toda lóxica”. Explicou que este curso no centro estudan 188 alumnos e alumnas, dos que 60 deles están en Formación Profesional, 128 cursan Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, e  “pretenden mandar a preto de 130 estudantes ao IES Lama das Quendas cando neste centro xa manifestaron que non teñen infraestruturas suficientes para tantas persoas”. “Deberían buscar a opinión da comunidade educativa e non que se decaten a través da prensa desta importante noticia”, dixo.

“O PP di que vai tomar esta decisión para potenciar a Formación Profesional neste instituto cando nos últimos anos pasou de impartir 5 ciclos educativos a ter agora só 3, algo que non se explica se é o que quere impulsar”, asegurou a Deputada, no canto de “potenciar outros como os vinculados aos servizos sociais ou a viticultura que ten tanta demanda na zona da Ribeira Sacra”. Incidiu en que, unha vez máis, “a desfeita vólvese facer nun instituto da nosa provincia e percibimos que o PP ten un obxectivo claro, que é empeorar a oferta do ensino público e nalgún caso orientala cara a súa desaparición”.

No debate da proposta, a vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro insistiu en que esta decisión suporía reducir a oferta do centro á Formación Profesional e agrupar o resto do estudando no IES Lama das Quendas que, segundo explican desde a comunidade educativa, xeneraría unha masificación das aulas xa que o centro non ten a infraestrutura precisa para acoller a outros 128 alumnos e alumnas.

Maite Ferreiro valorou as intencións da Xunta de Galiza como “un paso máis no calendario do Partido Popular para desprestixiar e desmantelar o ensino no rural”, e comprometeu o apoio do goberno provincial e “do BNG ás accións e mobilizacións da comunidade educativa en defensa da calidade do ensino público”, pedindo á Xunta de Galiza “que escoite ás familias e ao profesorado”, con representantes nas bancadas da sala do Pleno.

ÚLTIMAS

O Fogar dos Soños, Ensácrate e Viñalert, gañadores do XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Este pasado sábado tivo lugar no Parador de Monforte de Lemos a XI edición...

Monforte achega a ciberseguridade á veciñanza a través dun ‘roadshow’ con información e actividades na Explanada da Compañía

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana unha interesante actividade que axudará a...

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia "A...

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...