Iniciosociedade"Coa pregoeira deste ano homenaxeamos á muller labrega e á muller escritora",...

“Coa pregoeira deste ano homenaxeamos á muller labrega e á muller escritora”, Ramiro Moure, alcalde de Taboada

O concello de Taboada celebra os días 2 e 3 de abril a XXX Festa do Caldo Ósos. Farao despois dun 2021 no que non se puido celebrar pola pandemia e farao nunhas datas diferentes ás habituais, no Domingo de Entroido. A pregoeira para este 30 aniversario é a escritora, Ana Vila Portomeñe.

Publicado o

- Advertisement -

A Ribeira Sacra acaba de celebrar unha nova edición do Estase Cocendo onde o cocido foi o protagonista. As citas festivas e gastronómicas vanse recuperando progresivamente e xa todos os concellos retoman as súas feiras do viño nas datas habituais a excepción de Chantada que tradicionalmente era a primeira cita co viño na Ribeira Sacra e que nesta ocasión terá lugar os días 3, 4 e 5 de xuño. No vindeiro ano retomarase a data de celebración habitual en marzo.

Nos dous primeiros meses deste ano as circunstancias sanitarias aínda non daban confianza en moitos concellos para comezar a organizar as primeiras citas do ano con garantías. Como a Chantada coa súa Feira do Viño, pasouselle a Taboada coa súa Festa do Caldo de Ósos que tradicionalmente celébrase no Domingo de Entroido e nesta ocasión que chega á XXX edición celébrase o 2 e 3 de abril. Falamos con alcalde de Taboada, Ramiro Moure.

Ramiro Moure, alcalde de Taboada. Fonte: PP provincial de Lugo

Contentos de volver celebrar a Festa do Caldo de Ósos aínda que sexa noutra data? No futuro volverase ao Domingo de Entroido?

Sempre é reconfortante despois do tempo que levas traballado por esta Festa que se poida celebrar aínda que non sexa na súa data. Xa o ano pasado non se puido celebrar, a última foi en febreiro do 2020 pouco antes da pandemia e este ano a verdade é que había ganas de volver ter este encontro. Este ano as circunstancias déronse así, pero imos respectar a data do domingo de entroido no futuro, é un prato máis propio desta época e a xente maior gústalle esta data.

Caldo do ósos / Facebook XXX Festa do Caldo de Ósos

Recupérase esta cita emblemática no concello de Taboada e espérase este ano poder desenvolver todas as actividades habituais?

As festas celebrámolas xa o ano pasado aínda que foi dun modo máis light. Este ano a comisión de festas ten ganas de volver encargarase de todo. Están traballando no tema e penso que poderemos disfrutar dunhas festas normais coma antes da pandemia.

Fóronse desenvolvendo todos os proxectos que estaban en marcha e estanse facendo os que puxemos agora a andar

Neste 2022 vanse facer cousas no concello de Taboada que non se puideron facer pola pandemia? Quedaron deste tempo obras e melloras por facer?

Os concellos seguiron traballando máis ou menos ao mesmo ritmo, as obras seguíronse facendo igual, quizais non a unha velocidade tan grande. As obras previstas do 20 fixéronse, as do 21 estanse facendo e alguna aínda rematarase neste ano 22. Xa temos o plan de obras deseñado para facer neste ano. Nós fumos máis ou menos traballando o mesmo, ao mellor non ao ritmo que se quería, pero fóronse desenvolvendo todos os proxectos que estaban en marcha e estanse facendo os que puxemos agora a andar.

Mourulle, Taboada / Galiciamáxica

Estamos preparando varias cousas para seguir dinamizando o club náutico e o río

Que previsións ten o concello para facer con Ponte Mourulle a nivel turístico?

A ese nivel estamos traballando co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Imos a facer coa Consellería de Medio Ambiente unha obras complementarias ao que hai feito, a área de lecer e toda a contorna. Co consorcio estamos preparando varias cousas para seguir dinamizando o club náutico de Ponte Mourulle e o río, pero contamos co hándicap de que ten que respetársenos o nivel da auga, senon durante o verán moitas actividades non se poden facer porque o nivel da auga non é o correcto. Todos os concellos que formamos parte do encoro de Belesar xa tivemos unha reunión con Fenosa a nivel rexional. O compromiso é que se vai tentar respectar os caudais que haxa no verán para non ter que suspender probas como xa nos ten pasado a nós e a outros concellos.

Somos un concello eminentemente gandeiro de produción de leite e están vivindo momentos moi difíciles

Como está vivindo Taboada a situación actual, houbo negocios que pecharon coa pandemia? Cun sector gandeiro tan importante como se vive a folga do  transporte?

A hostalería pasou momentos malos, desde o concello tratamos de axudalos con distintas subvencións no 21, e no 20 polo tempo que tiveron que estar no peche. Polo que vexo penso que estanse recuperando bastante ben. Non pechou ningún bar nin restaurante, seguen funcionando todos os que había e respecto aos gandeiros nós estamos dentro dos 25 concellos de Galicia con máis produción de leite, somos un concello eminentemente gandeiro de produción de leite e están vivindo momentos moi difíciles polo encarecemento dos custes de pensos, fertilizantes, gasoil,…momentos complicados e coa folga do transporte, eu escoitei a bastantes gandeiros dicir que de seguir así veríanse obrigados a pechar. Esperemos  que isto se recupere e poida seguir funcionando porque é un motor moi importante para nós no concello de Taboada, que os agricultores vaian arriba e teñan  prezos xustos e poidan sacar adiante as súas granxas e incluso melloralas e mellorar toda a súa produción.

Ana Vila, a pregoira deste edición, a poeta labrega. Como a presentamos?

En Taboada todos a coñecemos é a poeta labrega de aquí de Meixonfrío. A ela gústalle a poesía e desde fai moitos anos escribe libros e participa en moitos actos culturais relacionados coa poesía, escribe textos para outras persoas e é unha persoa moi querida no concello; que menos que rendirlle desde o concello unha homenaxe neste caso a unha muller labrega e ao mesmo tempo muller escritora como é Ana e facelo nun día como este onde todas as nosas pregoeiras e pregoeiros son persoas do municipio de Taboada.

Festa Caldo de Ósos / Televinte

E para que a xente acuda esta fin de semana a participar da festa,… o caldo vai prestar igual aínda que sexa en abril, verdade?

Eu penso que o caldo de ósos pódese comer en todo o ano, quizais no verán non sexa tan apetecible porque é un prato forte e coa calor non axuda moito. Eu penso que nestas datas que non fai nin moito frío nin moito calor tamén é unha boa época para comelo. Convidar a todas as persoas que nos queiran vir visitar que aí estaremos o 2 e o 3 coa 30 edición da Festa do Caldo de Ósos onde poderán pasar unha fin de semana cunha morea de actos. En toda a fin de semana poderase degustar o caldo de ósos que vai acompañado con costela asada, filloas, queixo con mel, viño e café. Un menú para disfrutalo e facelo con tempo para poder coñecer Taboada e todo o que está preparado para estes días.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...