HomesociedadeRetírase o silo de xiz da rúa Ferrol en Monforte

Retírase o silo de xiz da rúa Ferrol en Monforte

Logo do acordo tomado pola Xunta de Goberno do 21 de marzo de 2022, no que o Alcalde instaba a proceder á execución subsidiaria da retirada da grúa e do silo de xiz, se a empresa Otero Aldao SL non os retiraba, finalmente esta mañá retirouse o último dos elementos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois da retirada da grúa o pasado xoves, 31 de marzo, da rúa Ferrol, na mañá de hoxe, arredor da unha do mediodía, procedeuse a retirar o silo de xiz de dita rúa.

Cúmprese así o mandato do Alcalde, en acordo adoptado en Xunta de Goberno o pasado 21 de marzo, no que o rexedor municipal ordenaba tanto a retirada da grúa como do silo de xiz que a empresa Otero Aldao SL mantiña na rúa Ferrol dende 2013.

A grúa fora instalada nos números 14 e 15 da rúa Ferrol pola empresa Otero Aldao SL, que en setembro de 2007 solicitara ó Concello unha licencia para acometer a construción dun edificio.

ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...