HomesociedadeÉxito da Feira do Viño de Pantón, a das tres ribeiras

Éxito da Feira do Viño de Pantón, a das tres ribeiras

A edición número 27 da Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón celebrábase esta fin de semana despois de ser declarada Festa de Interese Turístico e cos ollos pendentes do ceo. Finalmente a mostra converteuse nunha das edicións máis concurridas, despois de dous anos sen celebrarse pola pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita de Pantón defínese polo carácter diferenciador da viticultura da zona, que vén dado pola súa situación xeográfica ao atoparse entre as ribeiras de tres ríos (Cabe, Sil e Miño), que producen uvas con características propias.

Nesta edición da Feira participaron 8 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura e Corzoás, esta última acábase de incoporar como nova adega no concello. As adegas e as panadarías Tarrazo e Chimpa, así como a empresa Cachenas de Pantón recibiron galardóns polos seus traballos, acto que se desenvolveu despois da lectura do pregón a cargo de José Moriño Cuba, que fora xefe do ICA e impulsor da posta en marcha do selo de calidade D.O. Ribeira Sacra.

Pregón José Mouriño / XdL

Mouriño Cuba tamén escritor e membro da Academia Galega de Gastronomía, ensalzou as potencialidades e recursos do concello de Pantón, fixo apoloxía do viño e lembrou os comezos do que hoxe é o estandarte do territorio, a D.O. Ribeira Sacra. Tamén Mouriño Cuba recibiría agasallo institucional desta cita que contou con importante representación institucional. Entre outros o conselleiro do Medio Rural, José González, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; ou o presidente da Deputación, José Tomé Roca, ademais de alcaldes da contorna.

O alcalde, José Luis Álbarez, destacou a importancia da declaración de Festa de Interese Turístico Galego e amosou a satisfacción por recuperar esta importante celebración para o concello, despois de dous anos de pandemia.

Pola súa parte, a Deputación amosou a súa satisfacción por colaborar co evento aportando 10.000 euros a través do Plan Único. “A actividade vitivinícola é un bo exemplo da potencialidade do sector primario na provincia”, declarou José Tomé.

A seguinte cita coas Feiras do Viño na Ribeira Sacra será a de Chantada que se celebra os días 3, 4 e 5 de xuño.

Feira do Viño Pantón, José Tomé / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...