IniciosociedadeQuere o teu mercado, este sábado 28 na Praza de Abastos de...

Quere o teu mercado, este sábado 28 na Praza de Abastos de Monforte

O Concello de Monforte de Lemos, súmase a campaña internacional Quere o teu mercado, que se celebrará este sábado 28 entre as 11:00 e a 13:00 na Praza de Abastos da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En horario de 11:00 a 13:00, os nenos e nenas monfortinos poderán achegarse ao Mercado para facer un obradoiro de barro e construír un testo para plantar unha planta, ademais de recibir agasallos da campaña “Quere o teu mercado”. A actividade está organizada polo Concello e conta co apoio da Dirección Xeral de Comercio.

O obradoiro de barro realizarase en dúas quendas, a primeira ás 11:00 e a segunda ás 12:00, con quince prazas cada unha, e as inscricións realizaranse o mesmo día a partir das 10:30, ata esgotar as prazas.

“Con esta iniciativa”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “dende o Concello de Monforte, sumámonos ás que xa levamos realizando dende hai anos para fomentar as compras no pequeno comercio de proximidade, que é o que se realiza, neste caso, na Praza de Abastos da nosa cidade”.

Neste senso, o rexedor monfortino indicou que “as prazas de abastos, a través de canles cortas de comercialización, garanten a calidade dos produtos alimentarios galegos, e nelas únese tradición e modernidade, a través dun traballo profesional a cargo dos praceiros e praceiras”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...