HomesociedadeA Deputación comeza o desbroce dos 4.200 quilómetros de estradas provinciais

A Deputación comeza o desbroce dos 4.200 quilómetros de estradas provinciais

A Deputación de Lugo comezou este mércores, 1 de xuño, os traballos de desbroce nos máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais, aos que destina máis de 1M€ nesta anualidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As rozas arrincan de forma simultánea nas 24 zonas nas que está dividido o contrato da rede viaria dependente da institución para levalo a cabo dun xeito máis eficiente. Con estas tarefas, a Deputación mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención de incendios durante o verán.

As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para desenvolver os desbroces son as seguintes na zona sur da provincia:

  • – Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
  • – Zona 18: O Páramo, Paradela e Sarria.
  • – Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
  • – Zona 20: Taboada e O Saviñao.
  • – Zona 21: Chantada e Carballedo.
  • – Zona 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
  • – Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
  • – Zona 24: Pantón e Sober.

A mobilidade é unha das grandes liñas de actuación da Deputación. O Goberno decidiu subir nun 7%, ata chegar aos 17,3M€, o investimento para estradas no Orzamento deste ano 2022, uns recursos destinados a tarefas de mellora, desbroce, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...