IniciosociedadePreséntase na praia da Cova a segunda anualidade do Plan de Sostibilidade...

Preséntase na praia da Cova a segunda anualidade do Plan de Sostibilidade da Ribeira Sacra

Para a presentación contouse coa presenza da Directora de Turismo de Galicia, Dna. Mª Nava Castro Domínguez e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Dna. Isabel Rodríguez López, ademais dos alcaldes de concellos da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Presentouse unha selección de accións da segunda anualidade (2022) do Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra, entre as que se atopan un manual de boas prácticas para visitantes, unha plataforma de gobernanza participativa ou a lanzadeira que conecta Escairón (O Saviñao) coa Praia da Cova.

A lanzadeira á Praia da Cova naceu como alternativa para a mellora da mobilidade e redución do impacto ambiental derivado da elevada afluencia de vehículos na contorna do recurso, especialmente no meses do verán. O servizo entrou en funcionamento o pasado 1 de xullo e estenderase ata o 12 de setembro. O transporte conta con 20 prazas e é gratuíto tanto para visitantes como para veciños/as. Para garantir dispoñibilidade, o Consorcio de Turismo habilitou a reserva de prazas a través da súa plataforma de xestión de entradas (https://turismo.ribeirasacra.org/gl/reservas). Supón un investimento de 15.000 euros.

O manual de boas prácticas para visitantes é un conxunto de recomendacións e consellos dirixido a aquelas persoas que se acheguen ao xeodestino, que contribúan a xerar e manter un turismo responsable e sostible en Ribeira Sacra. Ese manual será distribuido en formato impreso nas oficinas de turismo do xeodestino e estará a disposición no portal web 

Outra das novidades é unha nova plataforma de gobernanza participativa, un espazo en liña onde as persoas residentes, empresarios, visitantes, asociacións e organismos poderán achegar o seu punto de vista, ideas, participar en debates…, no relativo aos proxectos a poñer en marcha no marco do PST e, en xeral, ao desenrolo turístico de Ribeira Sacra como destino.

O Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra implica un investimento total de dous millóns de euros, repartidos en 3 anualidades. Está cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. A parte correspondente ao Consorcio achégana os concellos en colaboración coas Deputacións Provincias de Lugo e Ourense. 

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...