HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra comeza os controis de maduración para esta vendima

A D.O. Ribeira Sacra comeza os controis de maduración para esta vendima

Estes controis serven para determinar o estado da uva e axudan a establecer a data oficial que recomenda o Consello Regulador para o inicio de vendima.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 23 de agosto, iniciáronse os controis de maduración na D.O. Ribeira Sacra. Técnicas do Consello Regulador realizan estes controis en parcelas representativas das cinco subzonas da D.O. (Amandi, Chantada, Ribeiras do Sil, Ribeiras do Miño e Quiroga-Bibei) e con todas as variedades de uva acollidas á mesma.

Estes controis serven para determinar o estado da uva e axudan a establecer a data oficial que recomenda o Consello Regulador para o inicio de vendima, sen perxuízo de que algunha adega poida comezar a recollida de uva con anterioridade se as súas uvas teñen as condicións adecuadas.

O ano pasado o pleno do Consello Regulador fixaba como data de inicio da vendima, o 15 de setembro, aínda que na última fin de semana de agosto algunhas adegas comezaban coa recollida de Godello, a vendima prolongaríase ata o 20 de outubro.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...