HomesociedadeBóveda estrea Servizo de madrugadores para axudar á conciliación familiar

Bóveda estrea Servizo de madrugadores para axudar á conciliación familiar

Os pais e nais interesados poden inscribir aos seus fillos nas oficinas municipais. O servizo, que se presta por vez primeira, será gratuíto para todos os nenos e nenas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda pon en marcha este curso o servizo de madrugadores para axudar á conciliación familiar, persoal e laboral. Trátase dun servizo para aquelas familias que precisan deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva.

O servizo vaise prestar de luns a venres de 08:00 a 10:00 horas na Casa da Cultura do municipio. Os nenos e nenas estarán atendidos nun ambiente lúdico e educativo.

O servizo de madrugadores contará cunha programación específica baseada en actividades creativas e artísticas, musicais e deportivas.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...