HomesociedadeMonforte acolle en outubro un curso para o nivel cualificado do carné...

Monforte acolle en outubro un curso para o nivel cualificado do carné de aplicador de fitosanitarios

Impartirase de forma semipresencial no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte desde o 3 ao 20 de outubro, en horario de tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A AGACAL desenvolve do 3 ao 20 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos un curso ponte para adquirir o nivel cualificado do carné de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios. Esta formación será semipresencial e celebrarase en horario de tarde (de 16,00 h. a 20,00 horas).

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, ten como obxectivo formar axeitadamente aos usuarios e operadores de fitosanitarios, tanto con clases teóricas online como con prácticas presenciais, para que teñan o coñecemento adecuado das pragas e enfermidades, dos medios de control e, deste xeito, poidan facer un uso sostible dos fitosanitarios. Ademais, busca que os alumnos empreguen de forma axeitada as proteccións ante os riscos derivados do uso deste tipo de produtos, tendo en conta a eficiencia na xestión dos recursos naturais e a preservación e mellora do ecosistema.

Nesta páxina pode atoparse o curso referido e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...