HomesociedadeO Director do Instituto de Estudos de Territorio visita o Festival, "Máis...

O Director do Instituto de Estudos de Territorio visita o Festival, “Máis que cor na Ribeira Sacra”

Este xoves, 20 de outubro, ás 12:00 h, está prevista a visita do Director do Instituto de Estudos de Territorio, Enrique Luis de Salvador Sánchez, ao Festival de Muralismo "Máis que cor na Ribeira Sacra", en compaña do Presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e da Alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega Núñez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este festival era un obxectivo para Consorcio de Turismo dende que comezaron as intervencións murais polos 21 concellos da entidade no ano 2015.  Esta actuación puido materializarse agora grazas ao convenio de colaboración asinado o 5 de outubro de 2020 entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o Pacto pola Paisaxe para a Protección, Xestión e Ordenación da Paisaxe na futura Área de Especial Interese Paisaxístico 05-03 “RIBEIRA SACRA”.

Achegar a arte urbana á poboación, concienciar sobre a importancia de combater o feísmo e embelecer as aldeas son obxectivos fundamentais desta actuación, que permite continuar co proxecto Un toque de cor na Ribeira Sacra, iniciado no ano 2015 por este organismo, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. 

Cinco muralistas de recoñecemento nacional e internacional, 8 xornadas de muralización simultánea, obradoiros infantís, unha clase maxistral, conferencias e debates e unha visita guiada por especialistas compoñen o programa do Festival de Muralismo, que deu comezo o pasado venres 13 de outubro e rematará o venres 21 de outubro.     

A intención é darlle continuidade a este formarto en vindeiros anos de xeito itinerante, para poder embelecer diferentes espazos do xeodestino, ao tempo que promovemos encontros de intercambio cultural, implicando á poboación local.

https://doaoa.org/

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...