HomesociedadeEn marcha os obradoiros de emprego de Monforte

En marcha os obradoiros de emprego de Monforte

Os dous obradoiros que se desenvolverán nesta edición son os de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e Restauración de mobles, empregando a 24 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores inauguráronse os dous obradoiros de emprego que se desenvolverán ó longo dun ano nas instalacións da Escola Obradoiro da Pinguela. Os obradoiros, contan cun orzamento da Xunta de Galicia de medio millón de euros, e están promovidos polo Concello de Monforte.

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, apuntou que “con este obradoiro de emprego creamos 24 postos de traballo durante 1 ano. O grupo estará formado por 20 alumnos e alumnas, 2 docentes, unha directora e unha administrativa, cun investimento de máis de medio millón de euros”.

O primeiro dos Obradoiros de Emprego posto en marcha polo Concello leva por título “Especialidade de Gravación e tratamento de datos e documentos” e é a continuación “Obradoiro de Emprego Arquivo Dixital-TIC’s”, celebrado o pasado ano. Formaranse nel 10 alumnos e alumnas cuxo obxectivo “será a organización e informatización dos arquivos dos Servizo Municipais, a documentación do arquivo histórico do Concello de Monforte, así como documentación administrativa de interese e a disposición do cidadán. Isto inclúe a ordenación, identificación, clasificación e descrición co obxectivo de cargar estes expedientes na aplicación de xestión documental do Concello” indicou a Tenente de Alcalde.

O segundo dos obradoiros postos en marcha nesta edición, e tamén dirixido a 10 alumnos cun ano de duración, é o de “Especialidade en traballos de carpintería e moble”. Neste obradoiro o Concello de Monforte, actuará na recuperación de pequeno mobiliario, que está deteriorado pero que reúne unhas características de calidade e de deseño que se quere volver recuperar e volver usar. Neste caso, trátase de material antigo que foi retirado o pasado ano das antigas instalacións municipais que albergaban a Antiga Casa de Socorro, edificio que foi cedido polo Concello ó Ministerio do Interior, para que instale no mesmo as dependencias da Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...