HomesociedadeFolgoso do Courel dótase dun camión con pluma e un punto limpo...

Folgoso do Courel dótase dun camión con pluma e un punto limpo móbil

O punto limpo móbil trasladarase polos diferentes núcleos do municipio, permitindo o depósito de determinados residuos que posteriormente serán derivados ao punto limpo. Está previsto que visite de maneira itinerante distintas parroquias do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel vén de adquirir un camión adaptado con pluma e un punto limpo móbil.

No punto limpo móbil poden depositarse lámpadas e fluorescentes, envases de pinturas, disolventes e vernices, envases de fitosanitarios, aerosois, calzado, roupa, pequenos aparatos eléctricos, teléfonos móbiles, xoguetes, radiografías e cds, tóner e cartuchos de impresora e pilas e baterías.

O seu emprazamento e o período que permanecerá en cada núcleo publicarase na páxina web, nas redes sociais do Concello e mediante bando informativo para informar a todos os veciños e veciñas.

Tanto o camión como o punto limpo mercáronse con cargo ás axudas a entidades locais da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para o financiamento de actuación en materia de residuos de competencias municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

ÚLTIMAS

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Sarria acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...