HomesociedadeSegredos de Pantón convida a coñecer o ‘Nadal pantonés’

Segredos de Pantón convida a coñecer o ‘Nadal pantonés’

A asociación promove dende hai anos a decoración de Nadal no rural e amosa a través das redes sociais a beleza das súas aldeas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na súa páxina web pódense ver detalladas as súas recomendacións para achegarse nestas datas a aldeas do Concello de Pantón que foron decoradas pola veciñanza.

Aldea de conto de Castillón

Comentan que este é o segundo ano que teñen a iniciativa de decorar coa colaboración dunha asociación de veciños. A aldea engalanada foi San Antonio de Castillón. Na web saen fotos e a ubicación para chegar.

Aldeas de Galegos e San Vicente

Galegos tamén está decorada con materiais reciclados e sostibles estando os adornos por diferentes lugares da aldea. En San Vicente de Castillón foi a familia da ‘Casa do Turulas’ quen quixo colaborar para engalanar a aldea neste Nadal. A artífice, Alba, “inspirada polas decoracións de Galegos, Castillón e mesmo a vila de Allariz, decidiu tomar pinceis e madeira e decorala”, din dende Segredos de Pantón.

Aldea de Galegos. Foto: SdP
San Vicene de Castillón. Foto: Alba
Belén en San Vicente de Castillón. Foto: Alba

O Belén de Torrón

Outra recomendación, un clásico do Nadal, é ver o Belén de Torrón, que se fai dende hai moitos anos grazas ao traballo de Rosario Lobelle. Torrón está nos Peares, na parroquia de San Vicenzo de Pombeiro.

Casas decoradas en Tuiriz

Na parroquia de Santa María de Tuiriz, e por terceiro ano consecutivo, a Asociación Sociocultural de Veciños de “Tuiriz con U” organizaron un concurso de decoracións de Nadal. Na web de Segredos de Pantón amosan algunhas fotos cos traballos realizados.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...