HomesociedadeA Deputación edita unha guía do románico das comarcas de Sarria e...

A Deputación edita unha guía do románico das comarcas de Sarria e O Courel

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación do contrato para a publicación de dúas novas publicacións sobre o patrimonio románico da provincia de Lugo, centradas na Ulloa, Os Ancares-Courel e a comarca de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación editará 1.000 exemplares dunha guía sobre o románico da comarca da Ulloa e outros 1.000 dunha centrada na zona dos Ancares, o Courel, e a comarca de Sarria, así como un total de 2.000 trípticos complementarios a estas publicacións. O contrato foi adxudicado a Producciones 60 Ráfagas S.L. por 36.179€ e un prazo de entrega de 11 días. Estas dúas guías forman parte dun proxecto máis amplo, composto de catro volumes que farán un percorrido por este estilo arquitectónico ao longo de toda a provincia.

A institución provincial ten publicada a correspondente á comarca da Ribeira Sacra, “agora publicaremos as referidas á Ulloa, e aos Ancares, O Courel e Sarria, e neste ano 2023 sacaremos á correspondente ás comarcas de Lugo, A Chaira e A Mariña, coa cal quedaría completada a serie”, aseguran Pilar García Porto.

O vindeiro xoves, 19 de xaneiro, a institución provincial presentará na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a nova campaña de promoción turística que, co lema Lugo, provincia románica, está precisamente centrada na promoción do románico como recurso turístico, e que protagoniza o actor soberino premiado cun Goya no ano 2022, Chechu Salgado.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...