HomesociedadeVisita dunha delegación portuguesa á aldea modelo de Trascastro

Visita dunha delegación portuguesa á aldea modelo de Trascastro

Técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural acompañaron estes días aos membros da Comunidade Intermunicipal As Beiras e Serra da Estrela na súa visita polas aldeas modelo de Trascastro, no concello do Incio; e de Meixide, no concello da Veiga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a visita, os membros da delegación portuguesa puideron achegarse en primeira persoa á experiencia galega das aldeas modelo. Trascastro, que xa se atopa en fase de produción, foi a primeira aldea modelo decretada na provincia de Lugo e abrangue unha superficie de 14 hectáreas, 136 parcelas e 82 propietarios. Nela implantouse unha actividade de gandaría en extensivo con vaca cachena que, xunto coa singularidade do seu núcleo e a contorna da zona, con elementos catalogados do patrimonio cultural, converteron Trascastro nun lugar idóneo para levar a cabo este plan de dinamización do núcleo rural.

Amosóuselles as características e obxectivos da iniciativa das aldeas modelo e explicóuselles que é un dos principais instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia xunto cos polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión continua e as permutas de especial interese agrario.

O seu obxectivo principal é devolver á produción terras con boa aptitude agronómica que se atopen en estado de abandono ou infrautilización. Deste xeito, impúlsase nova actividade económica agroforestal que non só fixe poboación e xere riqueza, senón que tamén reduza o risco de incendios forestais e mellore a calidade de vida dos veciños destes núcleos. Cómpre sinalar que desde a entrada en vigor da Lei de recuperación -en maio de 2021- arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria, correspondentes a 21 polígonos agroforestais, a 21 aldeas modelo e a permutas voluntarias no concello de Friol, na provincia de Lugo. Ademais, a Consellería do Medio Rural destina neste 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca 2022. Deste motante, uns 4,4 millóns serán para actuacións en polígonos agroforestais e aldeas modelo

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...