HomesociedadeO concello de Folgoso do Courel cumpre cos seus trámites para ter...

O concello de Folgoso do Courel cumpre cos seus trámites para ter residencia da terceira idade e insta á Deputación a que presente o proxecto “dunha vez por todas”

O Concello de Folgoso do Courel aprobará unha moción no Pleno do vindeiro venres para instar á Deputación de Lugo a que “dunha vez por todas presente o proxecto da residencia da terceira idade para o concello, pois estamos a falar dun convenio que se comprometeu no 2015, se firmou no 2018, e que xa se prorrogou en 2 ocasións”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local considera que os veciños do Concello de Folgoso do Courel “non merecen estar sometidos a este desprezo continuo dando largas a un proxecto tan necesario nun Concello destas características cunha poboación con idades moi avanzadas e con gran dispersión xeográfica, o máis lonxe da provincia de Lugo de todos os servizos.” Na iniciativa demanda “que se presente  o proxecto a  maior brevidade para continuar co proceso e licitar canto antes as devanditas obras”.

Desde a corporación municipal fan esta petición logo de que a alcaldesa se reunira a principios do mes de decembro co deputado delegado, Pablo Rivera, asegura que “este lle expuxo que tiñan que revisar o proxecto polo aumento dos prezos dos materiais coa intención de evitar problemas de licitacións desertas como esta a ocorrer en outras residencia; e comprometeuse a facilitar esta información en xaneiro deste ano, sen que o teña feito ata a data.”

No convenio asinado no seu día estimábase un investimento de 1,4 millóns de euros, dos cales 1,2 serían achegados pola Deputación Provincial, encargada, entre outros de licitar, adxudicar e xestionar os contratos de obra e servizos precisos; sendo obriga do Concello achegar 200.000 euros, e entre outros, achegar os terreos necesarios para  construción da residencia e centro de día.

Desde o concello sinalan que o 10 de decembro de 2019 elevouse a escritura pública a cesión gratuíta da parcela e elementos a favor da Deputación de Lugo, para construción residencia, mentres que o 13 de xaneiro do 2022 o Concello mediante Xunta de Goberno concedeu licenza urbanística á Deputación de Lugo para levar a cabo ditas obras. “Isto demostra que o Goberno local cumpriu coas súas obrigas”, aseguran.

En xuño de 2020 a rexedora mantivo unha reunión co presidente da Deputación para tratar entre outros temas a construción da residencia do Concello e manifestou o compromiso tal e como quedou constatado na adenda ao convenio de seguir adiante coa tramitación para sacar a construción da residencia adiante. Así, a finais do ano 2021 firmouse a 2ª adenda de prorroga para a construción residencia con fecha límite de entrega das obras a xullo de 2025, sen que nada se saiba desde entón.

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...