HomesociedadeMonforte adica 85.000€ á mellora da sinalización dos pasos de peóns

Monforte adica 85.000€ á mellora da sinalización dos pasos de peóns

O equipo de goberno quere mellorar a seguridade vial e farao coa mellora da iluminación pública a LED.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello vai mellorar a iluminación dos pasos de peóns mais concorridos e que non teñen regulación por semáforos, colocando farolas fronte aos pasos de cebra para que se vexan mellor os peóns e tamén os pasos de peóns, co obxectivo de que os condutores teñan unha maior visualización, tanto dos propios pasos de peóns como da xente que os cruza, para tal fin o Equipo de Goberno vai a colocar 42 farolas novas en 32 pasos de peóns: C. MORÍN-RESIDENCIA-  1, C.CORUÑA-C DR CASARES- 1, C.DR CASARES-CLUB FLUVIAL -2, C.CALVO SOTELO–ESTACIÓN- 2, C. SAN PEDRO-INSTITUTO- 2, CIRCUVALACIÓN- MULTIUSOS- 1, C.CORREDOIRA-CIRCUNVALACIÓN- 2, HOSPITAL- 1, C.CHANTADA-HÓRREO FESPORT- 2, C.CHANTADA-HÓRREO GASOLINERA-1, C.CHANTADA-GADIS- 1, MALECÓN-C.SOCIAL-RESIDENCIA- 1, PONTE NOVA-BREOGÁN-1, C.ORENSE-ASMÉDICA- 2, PINGUELA INSTITUTO- 1, O CONDE-CORREOS- 1, COMPAÑÍA-CRISTAL- 1, COMPAÑÍA-CARRITOS- 1, COMPAÑÍA-JM- 1, PASEO LUGO-PARQUE- 1, C.BENITO VICETTO-SUPERMERCADO DÍA- 1, C BENITO VICETTO VIVENDAS- 1, ENTRADA APARCAMENTO PARQUE CONDES- 1, C.ORENSE-VIV SOCIAIS- 2, C. ROOBERTO BAAMONDE-FRONTE LIBRERÍA CONTOS- 1, C.REBOREDO-CARNICERÍA VÍCTOR MANUEL- 2, C.DR.CASARES-DAVIÑA REI- 1, C.CARUDE-AGORA- 1, C.ORENSE-CERVECERÍA- 1, C.HORTAS-PONTE VELLA- 1, C.ROOBERTO BAAMONDE-INÉS DE CASTRO- 2, C.CHANTADA-LIDL- 2

Onde resulte necesario colocaranse dúas farolas salvo en lugares onde xa haxa unha nun dos laterais do paso de cebra ou nas proximidades, e cando coincida con algunha entrada de edificios ou calquera outro obstáculo, colocárase unha farola soamente.

Ademais da iluminación de farolas especificas para os pasos de peóns tamén serán colocados 3 catadióptricos en cada sentido da marcha en todos os pasos de peóns da cidade, de forma que nos pasos de cebra das rúas de sentido único colocaranse 3 dispositivos reflectantes no sentido da marcha e nas rúas de dobre dirección serán colocados 6 catadióptricos.

Deste xeito os condutores terán o aviso de onde se atopa o paso de peóns sobre todo de noite, reducindo a velocidade e aumentando a súa atención pola advertencia que supón o reflexo das luces de cores nos dispositivos reflectantes. Esta é unha medida novidosa e esperamos que sexa efectiva para aumentar a seguridade dos peóns sobre todo ao escurecer, aumentando a tranquilidade para os condutores, para os peatóns e para o conxunto da cidadanía.

O investimento tanto de farolas como dos catadióptricos vai supoñer un custe moi importante que entre as novas luminarias e os catadióptricos que se coloquen nos pasos de peóns, ascenderán ao redor de 85.000€

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...