Homesociedade'Observa_Acción': na mellora das competencias profesionais docentes no IES Río Cabe

‘Observa_Acción’: na mellora das competencias profesionais docentes no IES Río Cabe

Dende xaneiro 2023, parte do profesorado do Río Cabe está a participar nun programa de mellora profesional que leva por título “Intercambio de experiencias Observa_Acción”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende principios de ano, parte do profesorado do IES Río Cabe –algo máis do 20%– participa nun programa que leva por título “Intercambio de experiencias Observa_Acción” e que está organizado dende o Departamento de Formación, Innovación e Internacionalización do CAFI.

O devandito programa ten unha duración de dous cursos académicos (2022/23 e 2023/24), desenvólvese en catro fases (dúas en cada ano lectivo) e lévase cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

OBXECTIVOS DA FORMACIÓN DOCENTE

A súa finalidade é o desenvolvemento profesional das Competencias Profesionais Docentes dende o punto de vista da observación entre iguais (OEI), da reflexión individual e/ou grupal dos propios docentes, do intercambio de boas prácticas e da implementación do aprendido na aula dos docentes participantes.

Segundo indican dende o centro de ensino monfortino “participar neste programa cremos que é unha boa maneira de modificar e mellorar a boa práctica docente –desenvolvemento profesional docente– a través da experiencia”.

FASES DO PROGRAMA

Actualmente están a participar na primeira fase do programa, que rematará este mes de marzo, e que realizan entre os docentes do propio centro. Esta fase consiste na observación da práctica docente e xestión de aula, así como no intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente, o que vai permitir unha co-construción de coñecementos. Consta de catro sesións formativas que xa se completaron: unha presencial, o 26 de xaneiro; e tres vía webex: 8 de febrero, 1 de marzo e 8 de marzo.

Nesta imaxe aparece a reflexada unha das sesións de intercambio de información e reflexión conxunta, sobre a observación da práctica docente realizada o día anterior. Foto: IES Río Cabe.

Segundo indican dende a dirección do IES Río Cabe, “está sendo unha experiencia moi positiva, tanto a nivel individual coma de centro e desexamos que esta experiencia poida continuar pasando a segunda fase”. Neste punto, a segunda fase que se refire é a fase intercentros, xa a nivel autonómico.

ÚLTIMAS

O PSOE de Triacastela acusa ao goberno municipal de bloquear o labor de fiscalización da oposición

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela acusa ao goberno municipal do PP de bloquear...

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...