Homesociedade1.350.000€ para substituír a pasarela peonil da Barca entre Pantón e...

1.350.000€ para substituír a pasarela peonil da Barca entre Pantón e Sober

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e os alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez, e de Sober, Luís F. Guitián, asinaron este xoves o Protocolo para o financiamento, execución e entrega dunha nova pasarela peonil na desembocadura do río Cabe, na Barca que une Sober e Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actual pasarela sobre o río Cabe, augas arriba da ponte da Barca ten 64,5m., non cumpre coa normativa actual e as recorrentes inundacións poñen en perigo a súa estabilidade. A nova pasarela, que manterá a localización actual, terá unha lonxitude de 130 m, con 4 pilas e cinco vans, dando cumprimento a todos os requisitos establecidos no Plan hidrolóxico.

Conectará ambas as marxes do río Cabe a través dos municipios de Pantón (marxe dereita) e Sober (marxe esquerda). “É unha actuación moi demandada pola veciñanza que nace co obxectivo de mellorar a mobilidade, a seguridade e a comunicación de 2 lugares, 2 parroquias e de 2 municipios unidos en torno ao río”, explicou Quiroga. “É unha forma de abrir novas posibilidades de roteiros e destinos para visitantes, nun lugar emblemático da provincia, como é a Ribeira Sacra” concluíu.

Os traballos consistirán na demolición por completo da pasarela existente, a construción dunha nova, e o acondicionamento dos accesos existentes. Dado que a área de actuación atópase dentro dunha zona declarada como Ben de Interese Cultural e catalogada como Rede Natura 2000 e Reserva da Biosfera, a solución definitiva que se adopte no proxecto construtivo deberá de contar previamente cos informes favorables das administracións competentes en materia de Patrimonio Natural e Cultural. O importe estimado para a execución das obras descritas supera os 1.350.000 euros, incluíndo o custo de redacción do Proxecto, a execución do contrato de obras, así como a dirección facultativa do mesmo.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...