HomesociedadePablo Balseiro animará o solpor do Hermida Rural o 8 de abril

Pablo Balseiro animará o solpor do Hermida Rural o 8 de abril

O músico coruñés ofrecerá un concerto para os clientes deste establecemento e tamén para os que alí se acheguen a tomar algo e gozar do solpor á beira do encoro de Vilasouto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hermida Rural é un establecemento que ofrece servizo de restaurante e aloxamento no lugar de Eirexalba, no Concello do Incio. Unha paraxe marabillosa que convida ao descanso e ao relax tendo de fondo o encoro de Vilasouto. Enclave fantástico tamén polos espectaculares solpores que se poden ver dende a súa terraza.

A nova xerencia xestiona o negocio dende xuño de 2022 de forma ininterrompida. O pasado verán foilles moi ben, organizando incluso algún evento e actuacións en directo que lle deron un atractivo engadido e serviu para atraer, a maiores de clientes hospedados, a xente da contorna. 

Os meses de inverno foron máis tranquilos pero eventos de Nadal como a Festa de Fin de Ano serviron para ir resistindo e “lembrarlle á xente da contorna que non se pechou en inverno”, comenta Andrés Corral, da xerencia –Sleep Alojamientos–.

Chegado o mes de marzo a cousa foise animando. Primeiro co ‘Día do Pai’, unha xornada moi boa para o establecemento, “foi o día que máis comidas demos dende que abrimos”, comenta Andrés. E a finais de marzo o hotel Hermida Rural acolleu un Campionato de Tenis de Mesa, o primeiro que se facía no Concello do Incio, sendo todo un éxito de participación.

Esta Semana Santa están a tope de reservas e para mediados do mes de abril esperan arrincar coas canoas. Fáltalles un trámite para ter os permisos e xa poderán ofrecer como alternativa o servizo de alugueiro de canoas para un tramo do río Mao aproveitando que dende o pasado ano o encoro de Vilasouto é navegable para algúns tipos de embarcacións –a remo e a vela, non a motor–.

Lounge do Hermida Rural. Foto cedida.

ACTUACIÓNS EN DIRECTO

O pasado verán comezaron tamén cun ciclo de actuacións en directo bautizadas como ‘Solpor Hermida’ na que ofreceron concertos e incluso algún monólogo polas tardes.

A iniciativa funcionoulles moi ben e este sábado 8 de abril ofrecerán un concerto, a cargo do músico coruñés Pablo Balseiro. Será ás 19:00 h. na terraza e de balde para clientes aloxados e demais xente que se achegue a gozar do solpor…

Balseiro ofrece un directo que é pura festa, creando un ambiente propicio para compartir, gozar e pasalo ben. Esta é a premisa de alguén que sempre o dá todo enriba do escenario para facer cantar, bailar e pasar unha gran velada ao público. Este músico coruñés trae o seu espectáculo “Rumbas & Guateque”, un popurrí de versións con diferentes estilos e artistas, así como temas propios.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...