HomesociedadeA Deputación axiliza a roza das estradas provinciais

A Deputación axiliza a roza das estradas provinciais

Son máis de 4.200 quilómetros os que hai que acondicionar e destinaranse máis de 2,5M€ aos traballos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo, ao igual que en anteriores campañas, axilizará os labores de roza para mellorar a visibilidade e seguridade nas estradas de titularidade provincial, ademais de favorecer a prevención de incendios de cara a época estival.

O Plan de Roza da Deputación ten despregado un dispositivo con máis de 200 operarios que traballan de forma simultánea nas 24 zonas de conservación nas que está dividida a rede viaria de titularidade da institución. Os traballos que se están a levar a cabo consisten no desbroce e limpeza xeral da maleza en ambas marxes das vías, ademais da realización das tarefas de poda de arborado para deixar libre un gálibo de 5 metros de altura en todo o ancho da vía.

Estes traballos teñen un prazo máximo de execución de dous meses, polo que entre finais de xuño e principios de xullo prevese que a rede provincial estea nas mellores condicións para todos os usuarios e usuarias, especialmente nestas datas do verán, época na que se rexistra un maior número de tráfico na provincia luguesa. A rede viaria da provincia de Lugo é a máis extensa de España e tres veces maior que a da Xunta de Galicia, con 4.200 quilómetros.

ÚLTIMAS

117.370€ para a montaxe do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que se celebrará do 3 ao 5 de xullo

Este contrato comprende a totalidade dos traballos necesarios para dotar ao certame dunha infraestrutura...

A distribuidora de Naturgy inviste 125.000 euros en Sarria

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, levou a cabo unha actuación de mellora da...

Impulso á mellora da calidade do aceite galego coa identificación e certificación de oliveiras autóctonas

Durante a xornada recolléronse mostras de oliveiras propiedade de Miguel Ángel Rodríguez, de Aceites...

322 piragüistas daranse cita este 30 de maio no encoro de Vilasouto co Campionato Galego de Piragüismo de base

Da presentación da actividade participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, o vicepresidente...