HomesociedadeGin Toni's, da Ribeira Sacra a Cornellà de Llobregat

Gin Toni’s, da Ribeira Sacra a Cornellà de Llobregat

A coñecida banda actuará este sábado dentro do programa de festas que organiza a Asociación Cultural Rosalía de Castro, entidade galega afincada nesta cidade catalá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Gin Toni’s chegan este sábado 10 de xuño ao Parque de Can Mercader, en Cornellà de Llobregat, para actuar nas festas que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro. A actuación está programada para as 24:00 h. como broche final a unha tarde na que actuará a orquestra Costa Dorada e haberá Fogos Artificiais, un espectáculo digno de ver, máis se cabe no marco incomparable que representa este fermoso espazo verde da cidade catalá.

Segundo puido saber este medio falando con Andrés Montes, vocalista da banda, a actuación xurdiu a través de Óliver Fernández, presidente da entidade galega organizadora. “Ten familia no Saviñao e viunos en Escairón. A partir de aquí plantexounos a posibilidade de ir actuar alí”, comenta. E engade que “realmente este concerto estaba posto para o ano da pandemia e foise pospoñendo ata que por fin este ano imos poder facelo”.

Esta coñecida banda, que versiona os clásicos do pop e o rock oitenteiro español, está celebrando actualmente os dez anos enriba dos escenarios coa xira “Diez años organizando”.

Cartel das Festas

ÚLTIMAS

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...