HomesociedadeA Xunta destaca en Taboada o seu apoio ao sector rural desde...

A Xunta destaca en Taboada o seu apoio ao sector rural desde a perspectiva de xénero coa nova Lei de Igualdade de Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta fin de semana en Taboada no I Encontro da cultura do viño da Ribeira Sacra, onde destacou a importancia de apoiar o sector rural desde a perspectiva de xénero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

López Abella felicitou á asociación de comerciantes do concello lucense pola organización de Raizames, encontro co que colabora a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e puxo en valor o VIII Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2022-2027, no que se aborda a través de un eixe específico as mulleres no rural.

López Abella, ademais, sinalou que a futura de Lei de igualdade de Galicia, agora en tramitación parlamentaria, dedicará un capítulo ás mulleres rurais e do sector marítimo-pesqueiro, onde se recolle unha carta de dereitos e se lles recoñece prioridade nas políticas de emprego autonómicas. Fomentarase o asociacionismo e o traballo en rede destas mulleres e se creará un premio Muller Rural e do Mar en Galicia para distinguir a súa singularidade.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...