Homesociedade"Punto e seguido", exposición no Hospital Comarcal de Monforte sobre a prevención...

“Punto e seguido”, exposición no Hospital Comarcal de Monforte sobre a prevención do dano cerebral

‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’ pódese ver no hospital monfortino grazas á colaboración do centro con FEGADACE. A mostra atópase na zona de Consultas Externas e poderá verse ata o 26 de xullo, en horario ininterrompido, como o do centro hospitalario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das principais liñas de actuación de FEGADACE é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

Así, a información chega a través da apertura da exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’. As fotografías que compoñen a mostra, obra do fotógrafo compostelán, Aigi Boga, realizáronse nas cinco asociacións que forman parte da Federación. Nas imaxes, protagonizadas polas persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense e Sarela, amósase a súa vida cotiá, as actividades que realizan ou a súa convivencia, é dicir, a vida despois do “punto e seguido” tras un ictus, un traumatismo cranioencefálico, ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido.

Ademais, para acompañar a exposición, FEGADACE realizou unha serie de vídeos curtos que contan con diferentes testemuños de persoas con dano cerebral, familiares e profesionais das entidades. Son un total de sete vídeos, cunha peza principal e seis máis pequenas, que crean un retrato da complexidade de secuelas que compoñen o dano cerebral: físicas, sensoriais, económicas, cognitivas, sociais, orgánicas, etc.

A organización destas actividades conta coa colaboración da Xerencia da Área Sanitaria e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

FEGADACE constituíuse en 2007 polas cinco asociacións galegas de dano cerebral: ADACECO (A Coruña), ADACE en Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Santiago). Xuntas representan algo máis de 2.000 familias. O seu obxectivo é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido, unha discapacidade que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia e que está causada case sempre por un ictus (78% dos casos) ou por un traumatismo cranioencefálico provocado por un accidente de tráfico.

ÚLTIMAS

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con...

A importancia de coñecer e poñer en valor o noso agro

María José Gómez destacou durante a visita a importancia de coñecer e poñer en...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando...

A Xudaría de Monforte en La2 este 13 de outubro ás 12:00h

A presenza do Concello de Monforte neste documental, que supón unha importante acción promocional,...