HomesociedadeA AV do Saviñao reclama regularizar os recibos da auga

A AV do Saviñao reclama regularizar os recibos da auga

A asociación faise eco da queixa sostida e prolongada dunha grande cantidade de veciños polas irregularidades no recibo da auga consumida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a asociación de veciños do Saviñao, dende hai dous anos estanse cobrando con retraso os recibos da auga e denuncian que se pasa o recibo sen data e sen concretar a auga consumida en cada recibo, “o que roza a ilegalidade e xera grande desconfianza”, aseguran.

Dende a asociación solicitan ao Concello a regulación no cobro deste servizo, que se emitan os recibos coa periodicidade do cobro; e se especifique a data do periodo de consumo, “coa lectura especificada dos centímetros cúbicos consumidos, xa que a día de hoxe estes datos non son coñecidos polo usuario, o que non parece ter base legal”.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...