HomesociedadePepe Domingo Castaño na primeira visita a Pantón en 2008: "Algo estamos...

Pepe Domingo Castaño na primeira visita a Pantón en 2008: “Algo estamos facendo mal nesta Galicia que eu non coñecía esta zona”

O xornalista que foi presentador de programas como Tiempo de Juego e Carrusel Deportivo, visitou por primeira vez Pantón no ano 2008, convidado para un Torneo de golf que quería promocionar o campo de golf de Augas Santas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xornalista galego, Pepe Domingo Castaño, foi un amante de Pantón e da Ribeira Sacra. A vinculación do concello de Pantón co mundo do deporte vén de moitos anos e trouxo ao municipio a importantes personalidades do sector, especialmente figuras do mundo do fútbol.

O xornalista que foi presentador de programas como Tiempo de Juego e Carrusel Deportivo, visitou por primeira vez Pantón no ano 2008, convidado para un Torneo de golf que quería promocionar o campo de golf de Augas Santas, xunto a outros nomes como o do tamén xornalista, Tomás Guasch, que este ano pregoaba a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón ou o que fora xogador do RC Deportivo da Coruña, Donato.

Desde a organización do Torneo, Manuel Dacosta lembra que durante eses días e despois dunha visita á Maiorga, Pepe Domingo Castaño comentaba, “Algo estamos facendo mal nesta Galicia, que eu que nacín a hora e media de aquí, non coñeza esta marabilla é un fallo moi grande”.

Desde aquel 2008, o xornalista faría visitas periódicas a Pantón e reuníase nas instalacións de Augas Santas con outros xornalistas que traballaban en medios de comunicación deportivos e acudían a Pantón coas súas familias.

Desde o concello de Pantón amosan o seu pesar polo seu falecemento e agradecen o tempo que compartiu nestas terras. “Seguiremos vinculados ao deporte e á súa memoria.”

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...