HomeSucesosO concello de Sarria condena a violencia machista e solidarízase coa vítima...

O concello de Sarria condena a violencia machista e solidarízase coa vítima dunha agresión nun pub da localidade

Desde a Corporación Municipal agradecen a eficaz e dilixente actuación das forzas da orde á hora de investigar o acontecido e lamentan que o nome de Sarria se vexa relacionado cuns feitos lamentables que non responden ao firme compromiso das forzas políticas locais de que este concello sexa un espazo seguro para as mulleres e libre de violencia machista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante as novas difundidas sobre unha agresión sexual a unha muller, rexistrada nun pub de Sarria a finais do pasado mes de setembro, e tras constatar coas forzas e corpos de seguridade a existencia da correspondente denuncia e a detención de tres varóns relacionados con eses feitos, desde a Corporación Municipal de Sarria expresan de xeito unánime “a nosa solidariedade coa vítima e a nosa enérxica repulsa e condena ante calquera manifestación de violencia machista, ao tempo que solicitamos que se diriman canto antes as responsabilidades penais que poidan derivarse.”

Todos os grupos representados na Corporación Municipal reiteran o seu compromiso para que este tipo de sucesos non volvan producirse e poñen todos os recursos dos que dispón o concello ao servizo de calquera muller agredida.

“Desde o Concello de Sarria seguiremos a traballar na formación, concienciación e sensibilización para xerar entre todas e todos unha cultura de rexeitamento absoluto da violencia machista, de promoción das relacións igualitarias e de respecto absoluto polas mulleres, para que se sintan libres e seguras en todo momento e en calquera lugar do noso municipio”, conclúen desde o concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...