HomesociedadeO comercio de Sarria celebra o Nadal co Lotón e Concurso de...

O comercio de Sarria celebra o Nadal co Lotón e Concurso de Escaparates

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES) vén de presentar a súa campaña de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro venres, 15 de decemebro, e ata o 31 de decembro desenvolverase a VII edición “O LOTÓN“. As compras entre as datas sinaladas farán que un/unha cliente do CCU de Sarria gañe MIL EUROS, que terá que gastar de novo no comercio asociado. Esta é a actividade central da campaña, cun premio moi apetecible entre os consumidores do CCU. Mil euros que premiarán a fidelidade dos consumidores ao pequeno comercio. A persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis. O sorteo terá lugar nas redes sociais de ACES o martes, 2 de xaneiro. 

Parte da programación é tamén que os establecementos asociados poderán participar un ano máis no concurso de escaparates que ten como obxectivo a posta en valor dos negocios locais a través das votacións do público nas redes sociais. 

Ademais durante o Nadal contarase con animación na rúas, a visita do Papá Noel do CCU de Sarria e outro día un Paxe Real. Os clientes e viandantes poderán sacar fotos con eles. 

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria aseguran que “apostan por dar vida ao Nadal, embelecendo os escaparates dos nosos comercios con decoración para crear un ambiente navideño. O comercio e hostalaría da vila desexan transmitir alegría e ilusión nestas datas”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...