HomesociedadeO Incio estrea o miradoiro petróglifo Pena do Chao

O Incio estrea o miradoiro petróglifo Pena do Chao

Para acceder hai que achegarse ata a aldea de Saa e dirixirse cara a Monteagudo. A 200 metros do inicio da ruta do Ferro, e antes de chegar a Monteagudo, xa pode verse o miradoiro, ata ao que se pode chegar en coche.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio, coa axuda da Xunta a través de Turismo de Galicia, vén de estrear o novo miradoiro petróglifo Pena do Chao, desde o que se teñen unhas extraordinarias vistas da localidade. Emprázase moi preto do inicio da Ruta do Ferro e ofrece vistas a todo o Val do Incio; á Cruz do Incio, Dompiñor ou Trascastro, así como do propio petróglifo Pena do Chao. O novo miradoiro ten varios bancos para sentarse e un panel explicativo dos petróglifos. Incorpora ademais un banco inclinado desde o que poder observar as estrelas.

O petróglifo Pena do Chao é de tipo cazoleta de sección semiesférica e planta circular. Consiste nun pequeno oco artificial escavado na rocha. Este petróglifo confórmano unha agrupación de cazoletas dispostas na superficie da formación rochosa. As cazoletas son uns dos motivos rupestres máis recorrentes en todas as épocas e latitudes.

O alcalde, Héctor Corujo, anima a aproveitar estes días de Semana Santa para achegarse á localidade e coñecer este novo recurso turístico, que unido a outros que xa existen, fan da visita ao Incio “unha escapada fantástica en plena natureza”.

ÚLTIMAS

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...

Transportes pon en circulación os trens na prolongación da variante de A Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en servizo...