HomesociedadeA A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A asociación veciñal asegura que recibiu queixas dos veciños do municipio sobre a falta de taxis e os problemas que esta carencia acarrea para desprazarse, tanto polo territorio municipal como fóra del.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir a necesidade dun maior número de prazas de taxi no municipio, “O noso territorio municipal é extenso e moi diseminado e a poboación está moi envellecida. Si a esto se engade que os medios de trasporte no rural sufriron nos últimos anos un importante recorte nas frecuencias deste servizo, temos un serio problema de mobilidade percibido polos nosos veciños”, aseguran desde a asociación.

Con todo, a asociación solicita do Concello un aumento de prazas de taxi e a posta en convocatoria aberta para a concesión de prazas de taxi suprimidas polo cese de actividade ou xubilación dos titulares das mesmas, “para dar rápida solución a esta carencia que está a limitar a mobilidade da nosa poboación afondando nas dificultades para consolidar a habitabilidade no noso territorio”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...