HomesociedadeMonforte pon en marcha un programa de inclusión social para inmigrantes

Monforte pon en marcha un programa de inclusión social para inmigrantes

Este Programa de acollida e inclusión social co colectivo inmigrante ten como finalidade favorecer a inclusión sociolaboral das persoas inmigrantes do municipio a través de actuacións orientadas á inclusión básica e residencial, a mediación social e intercultural, a formación adaptada e a información, asesoramento e apoio nos trámites legais en materia de estranxeiría ás persoas usuarias dos Servizos Sociais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte de Lemos vén de poñer en marcha un novo programa, dende a Concellaría de Servizos Sociais e Discapacidade, dirixido a promover e facilitar a inclusión social do colectivo de inmigrantes do concello monfortino.

O concello solicitou á Consellería de Política social da Xunta de Galicia unha subvención para o desenvolvemento do “Módulo de asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría” dentro do Programa de acollida e inclusión social do colectivo inmigrante. Neste módulo de asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría, enmárcanse accións como a información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

Para o seu desenvolvemento, o Concello contratará especificamente a un asesor xurídico especializado, dende o mes de abril de 2024 e ata finais do mes de marzo de 2025. O acceso a este programa realizarase a través dos servizos sociais comunitarios municipais, solicitando cita previa coa traballadora social de referencia, no 982 416 541, que será a encargada de valorar a situación e realizar a derivación ó programa.

ÚLTIMAS

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...