IniciosociedadeChantada denuncia roubos nas xardineiras públicas e anuncia medidas "ante actitudes indignantes"

Chantada denuncia roubos nas xardineiras públicas e anuncia medidas “ante actitudes indignantes”

Diego Otero, concelleiro de Parques e Xardíns e Infraestrututras Urbanas, asegura que nesta semana están faltando todos os días, plantas e arbustos das xardineiras da rúa do Parque, “Chegamos a un punto que pasa os límites, estas persoas fan un fraco favor á cidadanía, danan a imaxe de Chantada e perxudican aos veciños”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Recentemente o equipo de Parques e Xardíns do Concello de Chantada realizou actuacións para a humanización da rúa do Parque. Entre outras medidas, nesta época do ano, colocáronse novas xadineiras con plantas de tempada.

A instalación de novas plantas e arbustos nas xardineiras das rúas e prazas de Chantada sempre supuxo unha tentación para algunha persoa que remataba arrincando das xardineiras algunhas desas plantas.

Segundo Diego Otero, antes o roubo de plantas e arbustos era minoritario, “pero agora xa é un descaro e resulta indignante. Estes acontecementos repítense cada vez máis habitualmente e o Concello tomará medidas para darlle solución. Non descartamos a instalación de cámaras nas vías públicas para acabar con estas actitudes que atentan contra o traballo de todo o equipo de parques e xardíns e contra a imaxe de Chantada”.

ÚLTIMAS

Cadea humana en Chantada contra o acoso escolar

Este xoves, 2 de maio (Día Internacional contra o Bullying e o Acoso Escolar),...

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...