HomesociedadeAxudas para melloras de locais e actividades culturais de asociacións da provincia

Axudas para melloras de locais e actividades culturais de asociacións da provincia

Están convocadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, pódense solicitar ata o 23 de abril e contan cun investimento total de 380.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo conta cun investimento total de 380.000 euros para axudas a asociacións culturais da provincia, achegas que se convocan con dúas liñas de axuda: unha para a realización de actividades culturais, dotada con 255.000 euros, e outra para investimentos en melloras nas instalacións e no equipamento de locais, cun importe de 125.000 euros.

A deputada de Cultura, Iria Castro, valorou a convocatoria como “un apoio ás asociacións culturais de base, que son súa maioría colectivos pequenos que se sosteñen grazas á implicación desinteresada de persoas preocupadas pola cultura, pola lingua e o patrimonio e que cumpren un papel fundamental para garantír o acceso á actividade cultural en todo o territorio”.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS

A través desta liña, a área de Cultura promove a organización de actividades e eventos culturais por parte das asociacións e colectivos culturais, especialmente aquelas orientadas á difusión do patrimonio material e inmaterial de Galiza, a historia, música e tradicións, contribuíndo a ampliar a axenda cultural de parroquias e concellos. As axudas oscilan entre os 500 e os 3.000 euros.

AXUDAS PARA A MELLORA DE LOCAIS SOCIAIS

Neste caso, as subvencións van destinadas a actuacións de mellora, acondicionamente e reforma de locais e instalacións culturais que os colectivos teñan en propiedade, cedidas ou alugadas. Tamén se subvenciona a compra de equipamento, facilitando así que as asociacións conten cos medios adecuados para as súas actividades culturais. As axudas oscilan entre os 500 e os 2.000 euros.

TRAMITACIÓN DAS AXUDAS

As bases e modelos de solicitude publicáronse o pasado 9 de abril no Boletín Oficial da Provincia, están dispoñibles tamén no apartado Programas e subvencións da web da Deputación de Lugo, con indicacións precisas sobre o procedemento de solicitudes. O prazo estará aberto ata o 23 de abril, incluído.

Na última convocatoria concedéronse 338 axudas a outras tantas asociacións da provincia nas dúas liñas de subvencións devanditas.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....