HomesociedadeO Concello de Monforte axudará a La Fraternal

O Concello de Monforte axudará a La Fraternal

Farao a través dun convenio que contempla unha subvención directa de carácter excepcional por importe de 5.000 euros para afrontar 'gastos de funcionamento' durante este 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar coa Sociedade Cultural, Artística e Recreativa A Fraternal un convenio que permitirá canalizar dende o Concello unha subvención directa de carácter excepcional para financiar e sufragar “gastos de funcionamento e mantemento do seu local social”.

A decisión, segundo o rexedor, tomouse “dadas as difíciles circunstancias polas que está pasando esta histórica sociedade recreativa monfortina, que conta con máis de 100 anos de historia e que é un referente e un icono na nosa cidade”. En xaneiro do presente ano a Sociedade tivo que pechar a súa cafetería e tamén acumula débedas coa compañía que lles facilita o subministro eléctrico.

Deste xeito, a Xunta de Goberno local celebrada o pasado 25 de marzo de 2024 decidiu aprobar o convenio que canaliza esta subvención directa de carácter excepcional outorgada, por importe de 5.000 €, a La Fraternal. O acordo, asinado polo Alcalde, José Tomé, e o representate da sociedade, Isaac Mosquera Sampe, contempla a colaboración no financiamento dos ‘gastos de funcionamento’ na anualidade 2024.

UNHA ENTIDADE CON HISTORIA

La Fraternal, naceu a finais do século XIX á vez que o ferrocarril comezaba a instaurarse en Monforte. Forma, xunto co Círculo Victoria e o Ateneo Casino as tres sociedades recreativas históricas de Monforte.

A sociedade La Fraternal está vinculada á orixe e crecemento do barrio da Estación, coa chegada do ferrocarril a Monforte, e a súa fundación puido ter lugar ao redor de 1899.

Nos seus primeiros tempos, a súa sede estaba na entón denominada Estrada Nova, a actual rúa Leopoldo Calvo Sotelo. A súa localización actual, no número 43 da rúa Concepción Arenal, estreouna a principios dos anos 40.

ÚLTIMAS

Copa de España de Ciclismo BTT DH Molinos, este 26 de abril no Páramo

Esta semana presentouse a proba ciclista da Copa de España de Descenso BTT DH...

UFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte de Lemos

UFD levou a cabo diversas actuacións para reforzar a calidade e fiabilidade da subministración...

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron...

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en...